Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.517 posts
41 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Julio de Lazúrtegui, Lois Tobío…


Os Principia de Newton, obra no Dominio Público

Julio de Lazúrtegui, Lois Tobío…

    En Ribadeo, quen non escoitou nunca nomear a Julio de Lazúrtegui? Ben, é posible que xente abondo, pero non por oportunidades ou falta de influenza: os seus estudos e decisións marcaron a vida de Ribadeo na primeira metado de século XX, coa construción e funcionamento do ferrocarril mineiro Ribadeo – Vilaoudriz.

    Pero estas letras veñen a outra cousa. Como tódolos anos, a comezos de ano, pasa ó Dominio Púbico a obra de tódolos autores mortos (lexislación española) 80 anos antes. É dicir, neste caso, en 1943. Iso inclúe, entre outros, a Julio Lazúrtegui, Lois Tobío ou Basilio Álvarez. Quen se pase pola páxina de Wikimedia Commons sobre o tema atopará que no listado aparecen portugueses e españois, e que os portugueses morreron dez anos despois que os españois: Portugal dispón na súa lexislación de 70 anos de privacidade da obra despois da morte, mentres España dispón que sexan 80.

    A entrada dunha obra no Dominio Público (DP) ven a ser equivalente a efectos prácticos, a podela reproducir ou traducir libremente sen pago de taxas aínda que se cobre polo produto. A cousa pode ser un pouco máis complicada (por exemplo, as traducións non dependen só do autor orixinal, senón tamén do tradutor), e quen queira saber máis, teña máis interese, etc, pode, a máis da ligazón que puxen antes, procurar máis información na páxina de Creative Commons coa súa licenza CC0 (un xeito de licenciar en DP), aquí ou aquí.

Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *