Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

18 de novembro, Izado na Frouxeira


    Nun sinxelo acto con vinte persoas presentes, tivo lugar hoxe ás 12 na Frouxeira o izado da bandeira galega deseñada por Castelao. Deixo fotos miñas (as primeiras) e de Dores Abel (as últimas) de varios momentos, un vídeo coa parte final, coa a bandeira ondeando e o himno tocado por Xoán Ramón Díaz e a nota de prensa de Vía Galega, organizadora do acto.

    Aínda que na nota de prensa non o dí, a bandeira quedará estable no lugar.

Anxo Martíns, dicindo unhas verbas ó comezdo do acto
A xente, agrupándose
A bandeira, ó vento

A MARIÑA IZOU HOXE NA FROUSEIRA A BANDEIRA GALEGA DENTRO DA
ACCIÓN PROMOVIDA POLA 

PLATAFORMA VIA GALEGA.

Durante
esta semana, a bandeira galega exhibiuse en varandas e fiestras de
todo pa
ís.
Está acción enm
árcase
na campaña que VIA GALEGA vén desenvolvendo

para divulgar e propagar os nosos símbolos

nacionais,
o himno e a bandeira. Eli
xiuse
esta semana, do 13 ao 18 de novembro
,
para conmemorar a efeméride
da
I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala, que
tivo
lugar

en Lugo o 17 e 18 de novembro de 1918. Cúmprense, por tanto, 105
anos daquela I Asemblea Nacionalista. Está é a razón porque

hoxe,

día 18 de novembro, realizamos
actos
expansivos, ás 12 da mañá, en diferentes localidades de toda
Galiza
.

A Mariña sumouse a esta conmemoración
izando a bandeira galega no punto máis alto, e tamén simbólico, da
nosa comarca, o monte da Frouseira, onde a história nos di que Pardo
de Cela resistiu o asedio das tropas dos Reis Católicos.
Ademais, recitáronse
poemas alusivos á bandeira e á lingua como símbolos da nosa
identidade. Tamén se leu un manifesto e se cantou o himno galego.

Este é o segundo ano que se leva a cabo
este acto, coa pretensión de dar a coñecer os símbolos que nos
definen como nación.
Se
para
todos os países os seus símbolos son importantes, para unha nación
como a galega, sen estado de seu e sometida durante séculos a un
proceso de total asimilación, aínda cobran maior relevancia.
Son
a expresión da nosa existencia como pobo e do dereito a sermos
libres.
Os
nosos símbolos nacionais únennos como galegos e galegas e
fortalecen a nosa identidade colectiva en igualdade con todos os
pobos do mundo.

A Frouseira,
18 de novembro de 2023.

Asdo.

Anxo Martíns Pérez.

Responsábel de Vía Galega na Mariña.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *