Hai tempo que collín para ler un artigo curto dun diario chileno, ‘Cómo mueren las democracias: el caso de Chile’, de Pablo Aldunate. Por fin cheguei a el.
Teño que dicir que non di nada especial, pero dio e déixao escrito. Na miña lectura o resume sería que a democracia ou se coida ou se inestabiliza por partes interesadas no momento concreto. Nada novo, mais algo que é necesario lembrar. E máis, nalgunhas circunstancias, como na actualidade en España, de necesaria lembranza.
Reprodución en xeso da Estela da Democracia creada entre 337 e 336 a. C. en resposta á marcha de Filipe II de Macedonia sobre Atenas. No Museo da Ágora Antiga de Atenas.Lic. CC BY SA 4.0 por Mary Harrsch en https://commons.wikimedia.org |