Deixo en baixo o desglose de votos (non conto os 13 votos adicados en total a PUM+J. FO, PCTG, e Recortes Cero porque case non se ven) por partidos e seccións electorais. Detallo en baixo, usando un mapa do concello e un esquema da vila, o que abrangue cada sección censal, para pode facer a interpretación dos gráficos. Esta entrada correspondería, para o caso das municipais de 2023 coa entrada Resultados electorais municipais Ribadeo 2023 (III).
O primeiro gráfico correponde a onde se votou a cada partido (por sección censal). En cada columna están acumulados os votos dos partidos, distribuídos por seccións.
O segundo gráfico corresponde ós votos de cada sección censal, amontoados por partidos.
O Terceiro, a táboa de datos das gráficas anteriores
Hai veces que se entende mellor ou que da información que se valora máis se os gráficos se fan de xeito porcentual. Por iso deixo os gráficos anteriores een forma de porcentaxes (a porcentaxe de votos que sacou cada partido nunha sección censal e a porcentaxe coa que contribueu cada sección censal ós votos de cada partido):
Vese que,aínda ganando en todas as seccións, o PP sobre todo arrasou nas seccións 5 e 6, as menos urbanas, mentres PSOE ten relativamente menos votos no rural e o BNG é o máis regular en votos das formación ‘grandes’ a través das diversas seccións.
E, para a interpretación, hai que ter en conta as correspondencias:
01-006 Arante, Cedofeita, Couxela, Covelas, Santalla de Vilaousende (sur do concello)
01-005 A Devesa, Rinlo, Vilaframil (norleste do concello)
01-004 Ove, Vilaselán (arredor da vila)
Mentres as tres primeiras seccións corresponden á vila:
01-001, de xeito aproximado, zona sur, votación en Of. Turismo
01-002, zona vella ata S. Lázaro e Rosalía, votación en Cine Teatro
01-003. zona norte, votacion no colexio
Outras eleccións:
Eleccións xerais 2019
Eleccións xerais 2016
Eleccións xerais 2015
Eleccións xerais 2011