Fágome eco do seguinte manifesto:
NÓS OS PENSIONISTAS DA MARIÑA
Imos expoñer aquí o que supuxo a suba do 8,5% das pensións nos concellos de Foz e Ribadeo que teñen aproximadamente 10 000 hab. Se temos en conta que tanto en Foz como en Ribadeo hai unhas 3000 persoas pensionistas aproximadamente e que a pensión media é duns 1000 euros en 14 pagas, será doado calcular que tanto en Foz como en Ribadeo a suba do 8,5 supuxo unha inxección de capital de 3 570 000 (tres millóns cincocentos setentamil) euros no ano 2023. Aínda mais, debe terse en conta que estes cartos están repartidos entre as persoas máis necesitadas e que van directamente ás familias e ao consumo do día a día. Agora calculemos se a suba fose de un 0,25 % como defendía o PP que se opuxo, o mesmo que VOX, ao 8,5 % dicindo que era económicamente inviable, e veremos que os ingresos por este concepto entre os pensionistas de Foz e Ribadeo serían de 105 000 euros, ou sexa 34 veces mais pequeno. Se o Ribadeo Indiano estímase que deixa uns beneficios de tres millóns de euros, o cal está moi ben para a hostalaría e o comercio, non vos parece que tres millóns e medio están moito mas repartidos? DENDE MODEPEN A MARIÑA INVITAMOS A VOTAR AOS PARTIDOS POLÃÍTICOS QUE DEFENDEN O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS E OS SERVIZOS PÚBLICOS COMO A SANIDADE, O ENSINO E OS SERVIZOS SOCIAIS