Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Índice de renovación de candidaturas en Vilalba. Eleccións locais 2023


    Tempo atrás publiquei dous artigos co ‘Índice de Renovación de
Candidaturas’ dos dous partidos que tiñan difundido daquela a composición das súas candidaturas para as eleccións locais que se van celebrar este mes de maio. Unha vez publicadas as candidaturas de xeito oficial no BOP, corrixo algún erro nas listas daquela difundidas que consultei e paso a renovar a entrada cos datos das listas que faltaban:

    Lembro que o
‘Índice de Renovación de
Candidaturas’, IRC, faise cun cálculo doado: puntúase cada posto dende o
18
(cabeza de lista) a 1 (último posto non suplente), collendo 0 se o nome
non parece na lista da candidatura (excluídos suplentes). Compáranse a
candidatura actual -neste caso, para as eleccións de 2023- e a anterior
-neste caso, a candidatura para as eleccións de 2019-, e
para cada candidato e candidata que apareza -nunha ou nas dúas-, anótase
a diferencia de posto entre
unha e outra, dividindo ó final a suma pola máxima diferencia posible
(a que resultaría se non renovara ningunha persoa na candidatura). Iso
dá un número
entre 0, que indicaría que as candidaturas son idénticas, e 1, que daría
conta de que a candidatura é totalmente nova. Se aplicamos o dito ás
candidaturas presentadas, seguindo a mesma orde que o BOP, temos o seguinte:

    VA (IRC 0,56 -arredondando en todos os casos-)

    PP (IRC = 0,93)

    PSdeG-PSOE (IRC = 0,44)

    BNG (IRC = 0,76)

    É dicir, os resultados resumidos -arredondando en todos os casos- do IRC son:

    VA                  0,56

    PP                  0,93

    PSdeG-PSOE 0,44

    BNG             0,76

    Podemos constatar a ollo nu que o índice de renovación maior corresponde á lista que nas pasadas eleccións sufriu as maiores perdas, e polo tanto debera ser quen máis mirara que pasou e cambiara, mentres que o menor IRC corresponde a PSdeG-PSOE, que acadou o maior éxito e polo tanto estaría de saída máis conforme coa lista presentada, antes de considerar a súa labor á fronte do goberno municipal. En canto á VA, con máis representación que o BNG, ten tamén un IRC menor que este outro grupo.

    Así pois, teriamos indicadores de candidatura máis ben de continuidade, satisfeita, no goberno municipal, aínda cunha renovación importante, dando así unha idea
do que podería ser a liña do próximo mandato, caso de seguir na
alcaldía. No caso VA, indicaría unha candidatura máis renovada,
como parece máis lóxico ó tentar conseguir mellores resultados que nas
eleccións anteriores, xa que a que a que a metade dos compoñentes non
estiveran na proposta de 2019 hai que engadir os cambios de posición
dalgúns dos que si que estaban. Algo polo estilo, pero aumentado, pode dicirse do BNG, indicando xa neste caso unha clara renovación, na procura dunha liña diferente de aproximación á alcaldía, sexa voluntaria ou forzada (pola dificultade de atopar xente, imposición da estrutura de partido ou o que sexa). Por último, o índice de 0,93 correspondente ó PP indica un cambio claro de rumbo, que non quere dicir que sexa consensuado ou polo contrario, imposto dende arriba na estrutura correspondente.

    Ó dito cabería engadir outras cousas que non son tratadas por este método, como o xa apuntado nalgún caso de se a resposta a se a
renovación é voluntaria (querida) ou obrigada por desercións, pola
estrutura do partido a nivel provincial ou outros niveis, etc.

    Por último, e por se alguén quere comparar e ten curiosidade poloo que sucede noutros lugares, deixo a ligazón á entrada correspondente a Ribadeo.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *