Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Meteoroloxía en Ribadeo en 1919/1920


 Meteoroloxía en Ribadeo en 1919/1920

    A raíz da publicación da biografía de Enrique Suárez Couto en Ribadeando, estiven na procura de algunha imaxe para ilustrar o traballo de Lourenzo Fernández Prieto, atopando algo que descoñecía.

    Polos
cadernos mensuais que se gardan na biblioteca da Pedro Murias e os
(poucos) rexistros derivados deles que se gardan na AEMET, todo parecía
indicar que o establecemento da estación mereorolóxica que se montou
como aliada da investigación e transmisión de coñecementos que alí se
facía, databa do último terzo dos anos vinte do século pasado. Mais,
nas ‘Riberas del Eo‘,
nos poucos exemplares que se conservan na Biblioteca Pública Municipal
de Ribadeo do tempo no que foi director Enrique Suárez Couto, aparecen
insercións semanais de datos meteorolóxicos recollidos nas instalacións.
Insercións que, en épocas posteriores ó seu pasamento, desaparecen do
semanario e da escea de documentos a disposición ata o primeiro caderno
mensual de toma de datos que se conserva na Pedro Murias, correspondente
a novembro de 1927. Hai que lembrar que Suárez Couto foi o primeiro
director, ata o seu pasamento, sendo explicable a toma de datos
meteorolóxicos polo seu interese no progreso gandeiro e agrícola da nosa
terra.

    Aquí
quedan as imaxes dos datos que atopei nas ‘Riberas’. Os primeiros, nun
exemplar solto do sábado 9 de agosto de 1919, con datos tomados de
sábado a venres anterior (o mesmo que nos outros casos):

 

    As
táboas de ventos, correspondentes a anemómetro e veleta, que aparecen
nas primeiras táboas, desaparecen nas últimas, indicando unha vontade de
incluílos que desapareceu máis adiante por motivo descoñecido.

    Deixo
a continuación unha comparativa dos datos anteriores de temperaturas
máximas e mínimas, coa temperatura media dos períodos correspondentes dentro do ano, do
século XXI. Non debe estrañar que en case tódolos días, a temperatura
media correspondente ó século XXI sexa inferior á mínima observada no
período 1919/20: A máis de estar comparando só uns poucos datos puntuais,
dunha beira, cunha media doutro período totalmente diferente, da outra, a
precisión dos instrumentos, o método de recollida, etc, fan que non
sexan comparables de xeito científico sen un estudo previo que non teño posibilidade de
facer

:

    A
ter en conta que as semanas con datos son unha en agosto do 1919, a de
cambio de ano, unha en maio do 1920, outra en agosto do 1920 e dúas en
novembro do 1920. En todas se ve, no caso de 1919/20 que a T Máx e maior
que a T min, como
corresponde, e cando consideramos tamén a media do s. XXI, en todos os
casos, exceptuando 5 días dos 42 con datos, a T
media correspondente a este e menor que a T mínima do 1919/1920 (o que
non cadraría co aumento de temperaturas, de non ter en conta o xa dito no
parágrafo anterior).


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *