Antes do Nadal blogueei unha entrada titulada ‘Apunte de matemáticas‘, sobre as contas das Panchas. Onte o concello sacou unha nota de prensa na que se dan entre outras as seguintes cifras:
2822 operacións de compra
936 persoas mercaron panchas
200 000 panchas vendidas
50 000 € de subvención
35 000 € de gastos varios
232 000 € de cifra de negocio xenerado de xeito directo
Do que, á súa vez, podemos obter:
– a grande maioría de operacións con panchas só implicaron panchas, non euros adicionais.
– cada persoa mercou de media case 215 €
– cada persoa realizou algo máis de tres operacións de media
– como mínimo, cousa do 91 % dos ribadenses non compraron panchas
– cada euro transferido ó negocio privado costou 1,7 € ó erario municipal
–
coñécense as cifras aportadas, pero segue descoñecéndose o retorno
efectivo para Ribadeo ou para o comercio, non habendo previsto un estudo
nese sentido.