Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Aprender para as posibilidades de paz


    O mérdores 30, ás oito da tarde, no Salón de Actos da Casa do Mar, Lourenzo Fernández Prieto datá unha charla con coloquio posterior aportando claves sobre a historia que levou á situación actual na Ucraína.

    Lourenzo Fernández Prieto, Tito, foi chamado pola Plataforma pola Paz de Ribadeo, grupo de xente que promove tamén as concentracións pola paz.

    Copio a entrada que lle corresponde na Galipedia, despois da nota enviada pola plataforma convocante:

A
Plataforma de Ribadeo Pola Paz convoca unha charla debate con Lourenzo
Fernandez Prieto o mércores, día 30 de marzo, as oito do serán na Casa
do Mar.
Lorenzo Fernandez Prieto é cadeiradego de Historia Contemporánea na
Universidade de Santiago de Compostela e activista pola paz e as
liberdades democráticas. O debate é aberto aos temas relacionados ca
invasión rusa de Ucranía, as guerras no mundo, o risco
de guerra nuclear, etc.


Asemade
o xoves día 31 de Marzo as oito da tarde diante do concello celebrarase
unha nova concentración veciñal, que será a quinta, contra a invasión
de
Ucranía polos exercitos rusos e a pola paz mundial. 
 

Lourenzo Fernández Prieto, nado en Vilagoíz (A Devesa, Ribadeo) o 28 de maio de 1961[Cómpre referencia], é un historiador galego. En 2021 foi elixido membro da Real Academia Galega[1].


Índice

Traxectoria

É catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela desde 2005. Foi secretario do IDEGA
entre 1992 e 1995 e pertence ao seu Consello Científico. Elixido en
varios períodos, desde 1986, membro do Claustro e da Xunta de Goberno da
USC, así como do Consello Universitario de Galicia. Vicerreitor de relacións institucionais da USC entre 2007 e 2010. Na actualidade é director do departamento de Historia Contemporánea da universidade compostelá e membro do consello de administración da Editorial Galaxia. Colabora habitualmente en diversos medios de comunicación do país.

Especializado en Historia agraria e Historia do século XX, os
seus ámbitos principais de traballo refiren á mudanza tecnolóxica, as
mudanzas na sociedade rural contemporánea e a política da memoria.

Dirixe o Proxecto interuniversitario Nomes e Voces, dedicado á investigación da represión franquista en Galicia,[2] e o Grupo de historia agraria e política do mundo rural da USC (Histagra).[3]

A súa produción e actividade científica comprende máis dun cento
de publicacións, así como o liderado de diversos proxectos e convenios
de investigación. Ten participado en proxectos europeos dos programas
STRIDE (mudanza tecnolóxica) e FAIR (propiedade comunal). No intervalo
de 2005 a 2010 foi elixido vicepresidente da Sociedade Española de Historia Agraria.

Dende 1995, forma parte do General Board da rede europea ESTER (European School for Training in Economic and Social historical Research), responsábel da formación de estudantes de doutoramento.

En maio de 2010, concorreu con outros seis candidatos á reitoría da USC, proceso no que pasou á segunda volta.


Obra en galego

Ensaio


Obras colectivas

  • Vocabulario de historia, Universidade de Santiago de Compostela, 1994.
  • Actas do Congreso Internacional Poder Local, élites e cambio social na Galicia non urbana (1874-1936),Santiago de Compostela, 14-15 xuño 1996, Universidade de Santiago de Compostela, 1997.
  • Terra e Progreso. Historia Agraria da Galicia Contemporánea, Xerais, Vigo, 2000.
  • Os montes veciñais en man común: o patrimonio silente. Natureza, Economía, identidade e democracia na Galicia rural, Xerais, Vigo, 2006.
  • A gran historia de Galicia, La Voz de Galicia, 2007.
  • Historia das historias de Galicia, Xerais, Vigo, 2016.
  • 1936. O Estatuto esquecido, Guiverny, 2016.


Obra en castelán e inglés

Ensaio


Obras colectivas


Galardóns e recoñecementos


Notas

  1. Grupo de Historia Agraria e Política do Mundo Rural USC.


Véxase tamén

Ligazóns externas

  • “A RAG nomea académico de número o historiador Lourenzo Fernández Prieto”. Nós Diario. 27/3/2021.

  • Proxecto interuniversitario Nomes e Voces

  • Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *