Un pequeno corro diante do concello, despois da concentración |
De novo, concentración pola paz, contra as guerras.
Abonda máis xente que na primeira (nesta foron preto de 200 persoas). Deixo aquí un podcast coas verbas de Evaristo Lombardero, as emocionadas verbas de Oxana, que a semana pasada fixo unha viaxe a Polonia para procurar a súa filla e a súa netiña, as de Beatriz e Jesús Irigoyen, unhas poucas verbas miñas, e o final de Evaristo. E tamén, un par de fotos de Suso Fernández.
Mentres, a guerra segue en Ucraína (e noutras partes do mundo).