Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Manifesto da concentración pensionista de Ribadeo, sábado 20220205


    Case 50 persoas  xuntámonos nunha nova concentración a favor do público, das pensións, dos servizos. Unha vez máis, xunto con avisos diversos (como o da manifestación do próximo sábado 12) deuse lectura a un manifesto por boca de Básaro López:

Antes da concentración.

Hoxe vai ser un manifesto distinto, porque a súa principal función é tratar de convencer ás máximas persoas posibles de que acudan á manifestación do próximo sábado día 12.


Será unha manifestación a nivel nacional, que aquí, en Galicia farase en dous lugares distintos en lugar de centralizala en Santiago. Unha será en Cangas e a outra en aquí, en Ribadeo.


Penso que non debería ser moi complicado convencer a ninguén, xa que os motivos polos que estamos na rúa son coñecidos por todas e todos, neste caso concreto porque cremos que xa está ben de tomarnos o pelo co tema da subida das pensións con respecto ao IPC real, pero motivos sobran.


Para animarvos a acudir o sábado que ven e quentar un pouco o ambiente imos lembrar algunhas cousas que nos foden moito, pero que nin os medios nin os políticos teñen moito interese en abordar, e o que é peor, a xente non quere ver.


Creo que fixo dous anos xa, tivemos en Ribadeo un gran conferenciante experto no tema da Constitución Española, un veciño de Vegadeo, Miguel Presno. Despois de escoitar o que dixo sobre as Pensions, recollido na Constitución, fixo que me informase sobre o tema, aínda que hai que recoñecer que é un auténtico coñazo.


Imos ver alguns dos artigos da Constitución que se incumpren sen que case ninguén se alarme e que nos afectan moi directamente.


Nas case catro décadas que a Carta Magna leva en vigor, debateuse máis sobre o cumprimento do que di das institucións que do que dispón para os cidadáns.


Di o artigo 1: “España constitúese nun Estado social e democrático de Dereito, que propugna como valores superiores do seu ordenamento xurídico a liberdade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político”.


A Comislón Europea, hai non moito tempo, anunciou que España é hoxe un dos países da UE con maior desigualdade de renda. A OCDE, fai tamén uns meses, certificou que España é o sétimo pais dos 33 da organización onde mais creceu a desigualdade.


Di o artigo 14: “0s españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social”. E sin embargo din multitude de indicadores que, a día de hoxe, a muller segue claramente discriminada respecto ao home e en multitude de campos.


Cun artigo, o 57, da propia Constitución: na sucesión ao trono, é preferido “o home á muller”.


Di o artigo 16: ”Garántese a liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto dos individuos (…) Ningunha confesión terá carácter estatal. Este mesmo Estado aconfesional, achega á Igrexa uns 11 000 millóns de euros ao ano.


Di o artigo 20 que “se recoñecen e protexen as dereitos” á liberdade de expresión ou á creación literaria e artística, entre outros. Pero din os informes de diversas entidades independentes e institucións internacionais, que eses dereitos e liberdades están en retroceso e en perigo en España por normativas como a Lei de Protección de Seguridade Cidadá (a chamada lei mordaza) ou as
recentes reformas do Código penal ou da Lei de Enxuizamento Criminal.


Di o artigo 31: ”Todos contribuirán ao sostemento dos gastos públicos de acordo coa súa capacidade económica mediante un sistema tributario xusto inspirado nos principios da igualdade e progresividade que, en ningún caso, terá alcance confiscatorio”.


Incúmprese de modo sistemático: as Grandes empresas pagan porcentualmente moitos menos impostos que as medianas ou pequenas, e os ricos e as grandes fortunas moitísimos menos que as clases medias ou baixas.


Di o artigo 35: ”Todos os españois teñen o deber de traballar e o dereito ao traballo, á libre elección de profesión ou oficio, á promoción a través do traballo e a unha remuneración sufIciente para satisfacer as súas necesidades e as da súa familia….


Pero miles de fogares teñen todos os seus membros en paro, miles de persoas están inscritas como paradas nos Servizos Públicos de Emprego (e moitísimas, non cobran ningunha prestación); e a crise trouxo un fenómeno novo: traballadores con emprego, pero cunha remuneración tan insuficiente para satisfacer as súas necesidades que xa son considerados tecnicamente “pobres”.


Di o artigo 47: ’Todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e adecuada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do chan de acordo co interese xeral para impedir a especulación”.


Moitas persoas están atrapadas en hipotecas que valen máis que as súas casas. Desfiuzamentos por centos, especulación en calquera esquina, non mais comentarios.


Di o artigo 48: “Os poderes públicos promoverán as condicións para a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social. económico e cultural”. As estatísticas din, con todo, que os mozos son un dos grandes perdedores da crise: a renda mediana dos españois de 18 a 24 anos caeu un 20 %; a taxa de paro entre os mozos de ata 20 anos é do 50,5 %


Imos polo artigo 50 da Constitución Española a ver o que di: “0s poderes públicos garantirán mediante pensións adecuadas e periódicamente actualizadas a suficiencia económica aos cidadáns durante a terceira idade; así mesmo e con independencia das obrigas familiares promoverán o seu benestar mediante un sistema de servlcios sociais que atenderá aos seus problemas específicos de saúde, vivenda, cultura e de ocio.”


Pero as leis de Zapatero no 2011 e Rajoy no 2013, pegáronlle un repaso ao art. 50, que o deixaron tremendo.


Collemos este artigo 50 e levámolo da man ata o 149 que é o que fala das competencias , ¿Que poderes públicos son os competentes para garantir as pensións? 0 ESTADO.


Que quere dicir isto? Que entón as pensións non as garanten nin os cotizantes nin as garante o salario diferido que están cada mes aportando os traballadoras e traballadores. As pensións as garanta o Estado.


Logo podemos pensar sin temor a equivocarnos que o recorte das pensións non é nada distinto dos recortes en sanidade ou en educación; é un problema de distribución, e o capital corre presto alí onde hai negocio. E dende logo, nas pensións hai máis negocio que en ningún sitio. Polo tanto os que están traballando hoxe e a mocidade en xeraI teñen que convencerse de que as pensións van a ser de miseria, e van esixirlles ir aforrando todo o que poidan para ir metendo os cartos en plans de pensións privados. Aí esta o negocio e esa é a estratexia.


O problema das pensións non é un problema de cotizantes. Nin o da sanidade, nin o da educación. É un problema de reparto da riqueza, é un problema de PIB, e de como se reparte.


Para o reparto da riqueza hai tres instrumentos fundamentais. Un é o traballo, outro son os impostos i outro é a seguridade social. Entón teñen que meterlle man a todo iso porque son elementos confiscatorios a prol do capital. Dende os últimos trinta anos veñen cambiando as relacions de poder a prol do capital. A renda do traballo sempre era máis alta que a do capital, e xa levamos anos que non, que a renda do capital e máis alta que a do traballo e segue aumentando, co que segue aumentando a desigualdade. E o problema de novo é a xa tan nomeada distribución da riqueza.


O capital, como os voitres, aparecen alí onde poden rapiñar e ademais axudados con todo este aparato de propaganda co que nos bombardean por todos lados prensa, televisión, Banco Central Europeo, Banco de España, Presidente da CEOE… e tamén axudaron e moito os grandes sindicatos nacionais.


Só temos un xeito de contrarrestar esta situación. E é saíndo á rúa, manifestando un dia si e outro tamén que deixen de defender os intereses do capital, e atendan ao pobo que os votou.


Que pensen os votantes do PP ou do PSOE ou do BNG ou de Podemos ou de Marea ou de calquera outro partido, que non se deixen levar polo fanatismo, que pensen no peto, que nos están fodendo, que votemos a quen votemos temos que ser críticos e non funcionar como borregos.


É necesario, moi necesario, que o vindeiro sábado poidamos encher as rúas de Ribadeo para manifestar a nosa repulsa ante o recorte do poder adquisitivo das pensións, e lembrade que GOBERNE QUEN GOBERNE, AS PENSIONS E OS SERVIZOS PUBLICOS DEFÉNDENSE.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *