Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

En memoria de Emilio Piñeiroa Lozano


   Hoxe, na Ponte de Arante tivo lugar un acto de recoñecemento de Emilio Piñeiroa. Primeiro falaron Azucena González, da asociación de veciños o Formigueiro, promotora do acto, logo o parlamentario galego Daniel Vega e logo o alcalde Fernando Suárez, rematando a filla de Emilio. Antes tivo lugar unha misa de campaña, e despois, a actuación da coral polifónica de Ribadeo, para rematar coa descuberta dun monolito conmemorativo. En baixo deixo o cartel de chamada ó acto, varias fotos, un vídeo comprendendo dende as últimas verbas de Azucena á terceira obra da actuación da coral, e outro moito máis curto, co sinxelo acto de destapar o monolito. Remata a entrada coa copia da nota de prensa que en 2019 emitiu o concello para dar noticia do recoñecemento de interese da festa das Cruces.

Dunha foto de Pancho Campos
Durante o acto previo

RIBADEO CONTA ASÍ CON 2 FESTAS CON ESTE RECOÑECEMENTO


Festa das Cruces

Festa Romaxe das Cruces


29/03/2019

A Mesa de Traballo constituída para acadar a
declaración de Festa de Interese Turístico Galego para a Festa Romaxe
das Cruces recibiu con agrado a distinción.

A Mesa de Traballo constituída, en maio de 2017, para acadar a
declaración de Festa de Interese Turístico Galego para a Festa Romaxe
das Cruces, formada por representantes da Asociación de Veciños/as o
Formigueiro, o presidente, Javier González López, a secretaria, Azucena
González Loredo, o párroco Carlos Miranda Trevín, o historiador
especialista na Romaxe Emilio López Piñeiroa, a técnica municipal de
turismo, Begoña García López, e os/as voceiros/as dos grupos con
representación na Corporación Municipal Ana María Martínez Fernández,
Jesús López Penabad, Aurora González Ginzo e Marta María Saiz García, e
coordinada pola Delegación Municipal de Turismo do Concello de Ribadeo,
recibiu con agrado a declaración institucional por parte da Xunta de
Galicia desta distinción.

E lembran que “así, tras o traballo de
investigación elaborado por dita mesa, foi presentada unha moción para
ser tratada no pleno municipal do 1 de xuño do 2017, adoptando o acordo
unánime de iniciar o procedemento de solicitude por parte do Concello de
Ribadeo á Xunta de Galicia para a declaración de Festa de Interese
Turístico Galego”.

Ademais subliñan que “é unha festa capaz de
xuntar 7 parroquias de dous Concellos diferentes (Ribadeo e Trabada),
reflexo da forza e unión da veciñanza na defensa da colectividade, con
máis de 200 anos de antigüidade se ven celebrando de maneira
ininterrompida grazas aos veciños e veciñas, abandeirados pola
Asociación de Veciños O Formigueiro e a Comisión de Festas, verdadeiros
artífices deste evento, e da que poderemos disfrutar novamente o 10 de
xuño (luns de Pentecostes)”.

Con esta declaración o Concello de
Ribadeo conta xa con dúas Festas de Interese Turístico Galego: a Xira de
Santa Cruz e a Festa Romaxe das Cruces da Ponte de Arante.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *