Había tempo que non se producía un corte de luz tan longo en Ribadeo. Polo camiño quedan, nestes últimos tempos, unha ristra de microcortes, e algún non tan micro, como o do día da patroa. E queda tamén, claro, a suba do custe da electricidade, meteórica este ano.
No seu momento, deixara de reseñalos coa etiqueta #cortesdeluzRibadeo pensando en que estaban camiño de solución. Non era a nova liña de alta tensión e subestación construídas as que nos ían sacar deste tema ata esquecelo, e o principal motivo escrimido para construíla en contra de diversos temas que facían oposición a ela? Pois a liña está aí, non se solucionaron, e tampouco os cortes de luz.
Quedan sen reseñar moitos microcortes, pero nesta ‘nova serie’ da que haberá que haberá que comezar a tomar nota, aí van dous:
20210908 Zona: todo Ribadeo. Hora: 2:30. Duración: segundos
20210910 Zona: todo Ribadeo. Hora: 9:53. Duración: 9 minutos aprox.
Coido que este traballo de procurar información dos cortes de luz debe ser colectivo: beneficia a todos, facilita os tratos dos usuarios coas compañías, presiona ás elećtricas, facilita as reclamacións de seguros… As queixas e mesmo as notas de prensa, sexan de ACISA, do concello ou de quen sexan, teñen máis forza con datos precisos. A etiqueta #cortesdeluzRibadeo segue a ter uso. Deceas de cortesxa a levan e por ela pódesen procurar. É escribir a historia dos cortes de luz en Ribadeo.
Nota: naturalmente, admítense referencias para ir incorporando no blog e no meu arquivo, aínda que coa etiqueta poden colocarse mesmo nas redes sociais.