Estamos á defensiva. Iso, por se non te decataras. Sexan as pensións ou as condicións de emprego, a educación ou a sanidade, dereitos e servizos viven unha mingua da que nós, como suxeitos que os usamos, somos sufridores e tamén responsables. Sufridores porque sufrimos unha peor educación sanidade, condicións de emprego ou de xubilación… E tamén responsables porque nós somos a sociedade que está a manter a quenes teñen o poder, sexa político, social ou financieiro. Si, tamén financieiro, porque é cos nosos cartos cos que se está a enriquecer e manter o seu poder eses poderosos que provocan os recortes dicindo que é demasiado gasto… demasiada cara.
E chega un novo episodio. O Sábado (7 agosto), concentración polas pensións. Pero mañá, xoves, en Ribadeo, isto:
Algún día, se seguimos empregando términos bélicos como do de defensa, pasaremos á ofensiva.