Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

As notas de prensa do concello de Ribadeo tamén sentiron o COVID


   As notas de prensa do concello tamén sentiron o COVID, non só pola temática, senón polo confinamento. Seguindo o camiño de veces anteriores (a anterior, ‘Unha nota do concello de Ribadeo por cada día do ano‘, xa de 2016), continúo a acumular datos sobre elas. Así, deixo abaixo varias gráficas. E mentres, hai que pensar que as novas do concello poden dar información valiosa (e este ano, coa pandemia, houbo claros exemplos) ou sinxelamente facer de directrices para crear opinión, dirixir a mirada da xente a algures desviándoa doutros lugares, facer propaganda, etc.

   A primeira gráfica é unha comparativa, onde se destaca a liña correspondente a este ano, que finaliza horizonta ó non ter rematado o ano aínda e onde que se ve que houbo unha diminución relativa de novas a raíz da declaración de confinamento, voltándose animar co peche da Mariña e resultando polo demáis na liña do ano anterior, que batiu marcas en canto a cantidade de notas emitidas (343 ó longo do ano 2019 fronte a 328 o ano anterior, tamén marca no seu momento, ver gráfica final). De feito, de non ser pola diminución durante o confinamento, na actualidade estaríamos nun novo máximo.

   A segunda gráfica amosa a evbolución neste ano 2020, cunha curva de axuste que nos di que a pesares do confinamento lévanse emitido 9 novas cada 10 días naurais, isto é, a máis dunha diaria se consideramos os días laborais.

   A última gráfica é unha evolución do número anual dende que comezaron a emitirse. Unha vez afeitos, houbo pequenas irregularidades, pero o a tendencia é clara: o número non deixa de medrar ano tras ano.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *