A auga pasada, atópome un vídeo publicado dous días antes das eleccións, o 10 de xullo, no que se trata de faceer unha análise da incisividade dos programas de diversos partidos en ecoloxía e medio ambiente. Os partidos elixidos por quen fixo a análise son os seis que estaba previsto que obtiveran mellores resultados. Chamoume a atención, e como referencia (só como referencia, pois estimo que estas valoracións implican subxectividade aínda que se pretenda obxectividade, e desexos máis que feitos) deixo unha traslación a varios gráficos, aumentando o alcance da pretensión inicial do vídeo.
O primeiro gráfico corresponde a suma acumulada do monto dos diversos indicadores empregados. Como cada indicador é valorado de 1 a 5, o mínimo acumulado para cada partido é 9, por iso se pon no 9 a liña gorda de separación. E, como son 9 indicadores a valorar, o máximo de puntuación é 45, o extremo da táboa, que non acada ningún dos grupos.
A segunda gráfica é un resume da valoración que os partidos, en conxunto, dan a cada un dos indicadores, referenciando así a importancia relativa de cada apartado no ‘mundo político’. O mínimo (1 por partido) é 6, e o máximo (5 por partido), é 30, o que daría unha media de 18, que é superada por todos os apartados. A notar que a ‘política clásica’, que viría representada pola mobilidade e ordenación do territorio, está máis ponderada (é dicir, máis considerada) que a ‘novedosa’ e ‘transgresora’ transición ecolóxica. Quizais alguén interprete que o turismo tampouco está moi valorado, pero é que se trata de imbricar o turismo como vertebración do espazo cara a sostibilidade ecolóxica e medioambiental, cousa diferente do tratamento actual do ‘turismo’.
A táboa de datos extraída do vídeo, e sobre a que se fixeron as gráficas anteriores, é a seguinte: