Seguindo coa historia electoral de Ribadeo (a versión anterior está aquí), de novo deixo uns poucos gráficos para facer unha primeira
interpretación das eleccións xerais en Ribadeo, sen prexuízo de que o
comentario se alongue e se aumenten máis datos máis adiante.
O primeiro é
a porcentaxe de votos emitidos e abstencións. Pódese ver que a participación non está nos mellores momentos. Nas leccións pasadas a xente ‘fixo un esforzo’ e repuntou a participación, pero desta volta caeu claramente, por baixo dos máximos de arredor dos anos 2000. Coido que está claro o fartazgo.
Quizáis queda máis claro na seguinte, onde se ve que a abstención, en porcentaxe, foi a segunda máis ampla da historia electoral dende o 1977.
De xeito parello, En
canto a votos emitidos, resulta que despois de estar subindo o número
de electores por décadas, agora mantense case en plano, o que leva a que o perfil garde unha certa simetría co anterior, aínda que o número de votos emitidos esta vez sexa superior mesmo ó das primerias eleccións hai corenta anos:
A
decantación de votos a un ou outro partido complícase pola existencia
de novas formacións, divisións, etc ó longo do tempo. Está claro que os partidos máis
tradicionais seguen a manter máis votos nas eleccións xerais, pero é
unha apreciación que hai que matizar, pois aí tremos o caso do BNG, que
aínda que subiu en votos queda por baixo da nova marca de Podemos, e esta volta, tamén de Vox. cmo a cousa está liada nos últimos anos, deixo máis abaixo ampliados estes útlimos tempos.
Na ampliación, pódese ver queAsí como o que subiu Vox nas eleccións de abril parece que foi todo a costa do PP, desta volta subiron lixeiramente ambos. Polo contrari, mentres que en abril PSOE e Unidas Podemos subiran ó tempo (subida que tamén acompañou o BNG, pero en menor medida), dun xeito enganoso ó ser Unidas Podemos a nova marca de Podemos, que desapareceu nunha baixada que case compensa as subidas citadas, nesta ambos partidos (PSOE e UP) baixaron, mentre o BNG ‘desacoplouse’ e seguiu medrando. De calquera xeito, parece que a abstención aumentou a conta das diminucións de PSOE e UP, máis a metade da caída de C’s, coa outra metade aumentando PP e Vox.
Unha referencia de fóra: os territorios menos abstencionistas foron Madrid e Cataluña, que representan os dous extremos do conflito máis mediatizado da historia de España, e, ó tempo, case corresponde cos territorios nos que máis medra por unha beira, Vox, enfrontado ó separatismo pola outra. En ambos territorios a abstención foi menor que en Ribadeo.
—