Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

A contaminacion no río de Vilaselán


Hai anos, en un estudo feito para unha das primeiras feiras de ciencia de Ribadeo, apareceía dentro da serie de fotos do río de Vilaseán pingas caendo do tubo de desaugue da antiga depuradora, ben por riba do nivel da marea baixa, no último recodo antes da saída ó mar.

Moito cambiaron algunhas cousas dende entón, pero non tantas. O río de Vilaselán, nado nas fontes do Lobo (antiga fonte de auga para a traída a Ribadeo) e con desembocadura na enseada de Vilaselán, dende o paso baixo a antiga estrada N-634 (hoxe r/ Segundo Moreno Barcia) ata o paso por baixo do antigo camiño da granxa (se alguén consulta Google maps, veráo etiquetado como ‘camino Llaú’), hai un tramo longo no que o rego desaparece canalizado debaixo de diversas obras, aparecendo en lugares puntuais como no paso por baixo da avda. ría de Ribadeo, a unha beira e a outra.

Antes dese tramo, e despois, é doado seguirlle o curso e ver o seu estado, pero é basicamente nese tramo onde se produce unha transformación de rego en cloaca. As tres fotos de abaixo están ordeadas ó longo do curso: a primeira antes de atravesar a avda. ría de Ribadeo, e as dúas últimas, antes e despois de atravesar o camiño despois do Voar. O que se ve non é agradable. E sería ben que si o fora.

 No blog poden verse outras moitas fotos do rego, en diversas épocas. Unha mostra aquí, aquí ou aquí, ou procurando entre o que devolve o blog ó poñer nas procuras rego de Vilaselán, río de Vilaselán ou Vilaselán ‘a secas’.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *