Un sinxelo movemento, dar o sobre á urna, marca unha diferencia de sentir: exercín ou non o poder.
Efémero a máis de diminuto entre unha poboación como a Ribadeo ou moito máis aínda, entre unha poboación como a de España, pero aínda así, nalgunha circunstancia, decisivo. En calquera caso, manifestación do desexo de participación activa nunha sociedade que a maioría do tempo parece querer impulsarnos á pasividade, á conformidade co xa existente ou co menú de posibilidade que nos presentan.
Claro, votar implica un acto anterior: decidir.
Para non votar só fai falta deixarse levar, non tomar a decisión, aínda que tamén pode ser unha decisión totralmente consciente. Para votar, é necesaria acción, sopesar a quen ou a que, candidato ou programa, ou descartar a todo o espectro que se presente para o voto en branco, ter a vontade de votar, pero non considerar a ninguén digno de ser depositario do voto. Ou sexa, implica facer unha avaliación de proposta, e/ou caras, e/ou confianza, e/ou sentemento, antes de tomar a decisión. Implica tomar dun ou outro xeito datos da sociedade na que vivimos para poder decidir. Mesmo nos casos nos que tristemente hai fraude por carrexar votantes. é dicir, en xeral, un proceso ben diferente do que leva ó ‘eu non votei‘, e iso aínda que inflúan tamén cousas como a proximidade da institución á que se vota, pois non á mesma intensidade de sentementos e porcentaxe de votos, a particdipación, nunha eleccións europeas que nunha eleccións locais, aínda que se celebren o mesmo día e haxa que depositar os votos en urnas veciñais: en Ribadeo, nas últimas eleccións, a porcentaxe case non variou das locais ás europeas, despois de subir máis de 22 puntos nestas últimas europeas polo efecto do voto agrupado nun mesmo momento.
a decisión de votar pode xsurdir dunha reflexión profunda sobre múltiples factores ou ser totalmente superficial, ‘porque tal me dixo “ven votar comigo”, díxenlle que benm e votei o mesmo’. Pero en calquera caso, a categoría na que se encadra é outra, diferente do non votar. ‘Se non votas, non te queixes logo’, é a expresión, estimo que non totalmente afortanuada, desa diferencia.
Esteñamos ou non de acordo en chamar democracia ó actual sistema vixente en España, o voto emplica unha confianza nas persoas a quen lle transmitimos o noso poder. E, polo tanto, vémonos máis autorizados despois a fiscalizar o que se fixo con ese poder. É dicir, vémonos máis proclives a seguir participando aínda que só creamos que poda ser pola avaliación do que se fai co noso voto, ou mellor, co conxunto dos votos nos que se inclúe o noso, fose a parar a un grupo que acade o goberno ou non, pois ó fin é o cabo, participamos, e o poder co que se esteña a gobernar, tamén é noso.