O de que é o Nadal, iso xa é fariña doutro costal. Alumedado, Mercado, Pista de xeo… os atributos que se foi colgando o Nadal ribadense xa están preparados ou funcionando, e as vendas e a ocupación hostaleira, eses outros atributos procurados, parece que tamén van. Será pois cousa de redefinir o Nadal. Ó cabo, o misterio relixioso está de capa caída na crenza da xente, e Papá Noël hai tempo que campa pola terra dos reis Magos.
As fotos dan testemuña:
 |
Preparación dos postos do mercado, este ano, en torno ó parque de San Francisco |
 |
Preparación da pista de xeo |
 |
Unha novidade dentro dos postos do mercado do Nadal |
 |
Parecería que a árbore quere arrodear a luz, como un misterio máis do Nadal |
 |
Animación no parque |
 |
As luces, o mercado, a xente. O Nadal desdibuxado |
 |
Unha entrada ó ceo dende Ribadeo |
Programa do Mercado de Nadal 2017