Verán. Rúas ateigadas, praias tamén. Servizos a tope, desbordados polos visitantes.
Mentres, cada un de nós segue a manchar e a contaminar, coma sempre.
Hai uns anos xurdiu a iniciativa ‘colle3’ (ben, xurdiu en castelán, ‘coge3’) e tomou pulo, mesmo con ramificacións internacionais, mais parece que se está esquecer (aínda que segue a funcionar, como se amosa aquí). E é unha mágoa. Consistía en que o achegarnos por calquer motivo a un lugar con restos, retiráramos unha cantidade pequena deles que non supón grande molestia, 3, e os puxéramos a bo recaudo cos refugallos, para que poideran ser tratados en conxunto. Non é gran cousa, só un paso cara adiante no comportamento co planeta. Había un paso máis, complementario, para a difusión. Que non debera facer falta e que vai en dirección contraria a non contaminar, que é sacar unha foto da acción e poñela nas redes sociais para que cunda o exemplo.
Hoxe quero lembralo, poñendo en aberto, non dreitamente nas redes sociais, senón a traverso do blog, cunha das accións deste tipo que levei a cabo ultimamente. Foi a semana pasada, na primeira rada da praia do cargadoiro. O resultado, dous plásticos de certo tamaño e e un anzó con sedel:
Aí queda a testemuña…
E aquí, tres entradas anteriores onde se fala de ‘coge3’ contemplando diversos aspectos:
20140109: Cando menos curioso: Coge3, concienciación/acción
20150709: As nosas costas: navegando mares de plástico
20150111: Galicia: operación acordeón e síndrome de Estocolmo