Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Circunvalación de Mirasol: aberta (atención, a circunvalación, non o porto!)


Xa está aberta de novo a ‘circunvalación’ do porto de Mirasol. Que eu saiba non foi avisada, co que moita xente aínda non o saberá e seguirá facendo un rodeo se ten que desprazarse entre a Vilavella e a zona do paseo marítimo – Porcillán – estrada do faro.

 Polo momento vexo que está asentado o talud, pero non en toda a beira. Iso si, a tela metálica xa cubre toda a zona fronte á valla.

 Como se pode observar, as máquinas seguen por alí.

… e aínda que non se observe nas fotos, a verxa tamén segue cerrada a ribadenses e visitantes.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *