Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Mexadoiro Evolución


Case seguro que se comprendía mellor en inglés: Mexadoiro Evolution. Refírome ós cambios e transmutacións do ‘Mexadoiro de King Kong’ / fonte do Parque da Pza. de España dende a súa construción ata a actualidade. A semana pasada, dende o concello, tomeille unha foto, e lembrei que tiña máis ou menos a historia gráfica. Aí vai, con algún comentario:

Decembro de 2008 (‘Cinco imaxes, un só Ribadeo‘):

Cadro de control da instalación eléctrica

Xaneiro de 2009: Explicación no pleno: non funciona porque está a falta do boletín de enganche (‘Continuamos‘)

Febreiro de 2009 (‘Unha vista do ¿Parque?‘):

Abril de 2009 (‘Fotos de novidades en Ribadeo‘):

A fonte, funcionando!
Unha vista do parque coa fonte funcionando

Outubro de 2009 (‘Voluntarios‘): noticia indirecta de que o mexadoiro segue cheo de pedras.

Novembro de 2009 (‘Rocambole‘): competencia para o mexadoiro: Piden mexadoiros para o parque para aproveitar o ‘plan E’.

Seco, en xullo de 2011. ‘King Kong non mexa

Abril de 2012 (‘No medio do parque, un día de turismo, unha lagoa asoma‘):

Estado, no 2012, do mexadoiro

Abril de 2014 (‘O coidado de Ribadeo‘):

Maceta xigante

E hai poucos días:

Mexadoiro de King Kong, versión 2017. O inútil cadro eléctrico volveu á descoberta.

Precuela: http://ribadeando.blogspot.com.es/2017/06/mexadoiro-evolucion-precuela.html


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *