Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Arredor da estrada ‘no porto’


Onte a alcaldía liberou unha nota de prensa dicindo que a estrada que evita Mirasol (non ‘no porto’ como pon a nota no título, e que eu copio) seguirá cortada. Aproveita para dicir que ‘neste tema’ están a partir un piñon, o xefe de portos e o alcalde.

Mais, hai uns días, aparecía neste blog ‘aproveitaches a pasar por Mirasol?‘, e tráioo en lembranza porque alí dicía que Mirasol seguía cerrado ó tráfico (aínda que boa parte do tempo esteña aberto, non por facilitar, senón por mala xestión). Algo que, ó parecer, e se nos fiamos da nota, seguirá a ser así: Mirasol, colonia de portos de Galicia, algo así como un ‘Guantánamo á galega’… mentres o alcalde, en plural maiestático, ‘sentíndoo moito, entendemos, comprendemos e asumimos tamén o que nos suxire Portos de Galicia’. Así que, aproveitaches a pasar por Mirasol?

A estrada cortada fóra do porto

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *