Aló polo 2003 comezaba a súa andadura unha corporación municipal que, ó ano seguinte, recibiu por parte da AVV O Tesón unha nota en relación ós puntos do seu programa que foran tratados no que ía de mandato, vendo o desenvolvemento de cada un nunha porcentaxe estimativa, poñendo esa porcentaxe en relación co tempo transcorrido e sacando unha nota media en consecuencia.
Coido que a sorpresa foi elevada, a pesar de que foi tomada cun certo nervioso folclore, e máis aínda, a modo de festa cando as puntuacións eran algo máis elevadas do que correspondería. O das puntuacións, ó ter en conta que aínda que soe ser a tempada de máis ímpeto de cambio, tamén é a que menos se coñece o cargo e polo tanto, no que as cousas tenden a ir con máis dificultade (algo que me consta non se tomou en consideración por parte dos políticos afectados)
Ó fin, coido que foi a única vez en democracia na que en Ribadeo se fixo unha avaliación obxectiva (con todos os defectos que poidera ter na súa concepción e desenvolvemento dunha primeira vez) do decorrer dunha corporación.
Por diversas causas, entre elas o traballo necesario, a experiencia non se repetiu ata o momento. En cambio, nestes tempos temos as novas de prensa. Novas nas que esta fin de semana pasado apareceron os alcaldes facendo un balance… do seu propio recorrido.
Coido que hai unha diferencia.