7:39, 7:41, 7:45… tres cortes de luz e a conexión a internet desapareceu dende o primeiro e non se recuperou. Tampouco o teléfono fixo. E sei que afecta a toda a zona, ao menos coa empresa coa que teño o contrato, porque chamei e comprobei. Tempo perdido, corte no traballo que estaba a facer… e lembranza do 25 de abril en Portugal, tempo de revolución. Aquí parece que os caraveis vense substituídos polo dente de león, ó que xa se lle foi o tempo de florecer, o que tras perder as follas xa está a estender a súa semente, como na foto tomada en Santa Cruz onte. Porque aínda andamos nesas: tempo de semente para un cambio político, social, económico, ambiental, moral que moita xente ve como necesario pero que non remata de chegar.
8:14. Outro corte de luz, este longo (2 minutos). E seguimos a esperar a revolución mentres a necesidade é facela.
… colgarei a entrada cando poda…