Hoxe estamos de folga. Alumnos e profesores.
Por que me poño de folga?
A resposta ten tres compoñentes, nesta orde:
1.Social. Rexeitamento dunha lei que está sendo imposta, non consensuada, Que foi parada no Parlamento pero que segue mentres non se solucionan cuestión legais. Que é antidemocrática, que favorece a desintegración do ensino para todos…
2.Laboral. No ensino público fai falta xente, fai falta unha estrutura de mantemento adecuada. Hai necesidades sen cubrir que poden cubrirse, pois está demostrado que se sacan cartos necesarios para asignalos a outros sectores ‘amigos’, mesmo so financieiros, e por suposto, a nutrir a demostrada corrupción.
3.Económico. Conxelación de salarios, impago de cantidades acordadas (pagas extra) e mesmo reclamadas xudicialmente, fixeron dos funcionarios de educación un sector especialmente castigado nese sentido.
E si, poderíase dar unha explicación abondo máis ampla, mais sei que a quen quere comprender, abóndalle, e a quen entre dicindo ‘non’ (e sempre se poden procurar motivos para xustificalo), poñer máis sinxelamente, aburriálle.