Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Imaxes de Ribadeo


8 de marzo. Día da muller… Teño argumentado varias veces no blog que cando se quere sacar do medio o facer unha actividade de impacto sobre un tema, adícaselle un día. E si, ese día hai celebración, palabras, e ó seguinte, esquecemento. Por unha banda, non chega, e pola outra, ás veces case se pode ver como contraproducente.

Remato de ver na rede unha cita de William Golding (autor de ‘o señor das moscas’ entre outras cousas) que indica que non sabe por que as mulleres queren ser iguais ós homes, xa que son superiores, como amosa con varios exemplos. Esa liña de pensamento (e a aplicación correspondente na práctica) achégase abondo ó que penso, e polo tanto, négome a ‘botar flores por un día’ e apúntome a colaborar a diario en igualdade. Hoxe, sinxelamente lembrando que o mundo ten outras facetas nas que ás veces non cavilamos e son tan importantes ao menos como aquelas que temos presente de xeito contínuo. Facendo outra cousa, poñendo algunha foto do noso mundo común (de todos, mulleres e homes, por se non se entendeu)

 Os cocos en San Roque

 Interior da igrexa de Santa Clara

Exterior da igrexa do convento de Santa Clara

Ribadeo e Castropol, unidos


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *