Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Foto impacto


Onte, co balcón do concello tinguido pola bandeira multicolor, tomáronse varias fotos de impacto. Hoxe saen na prensa. A que aparece na nota de prensa do concello é pequena, non se ve ben, máis é a que reproduzo: non estaba alí para tomar outra (e non sei se a tería tomado mellor).

Coido que o detalle non é tanto a nota de prensa (que reproduzo embaixo) como o impacto do arco da vella baixo o torso dos concelleiros encadrados no frontal da casa do concello cos tres manchóns de bandeiras ós que estamos afeitos. é o que chama a atención e fará que se lembre máis ou menos a nova, o texto de embaixo, co que quere dicir. Máis que moitas das eleccións pasadas.

E, como a bandeira vai estar dúas semanas, da tempo a coller a foto colorida sobre a casa do concello…

TODOS OS PARTIDOS ASISTIRON AO ACTO


Bandeira multicor


27/06/2016

A bandeira multicor foi colocada esta tarde no
balcón da Casa do Concello, onde permanecerá durante dúas semanas,
segundo ven de anunciar o alcalde, Fernando Suárez.

Ao acto asistiron representantes de todos os partidos políticos que
forman parte da Corporación Municipal: Ciudadanos, PSOE, PP e BNG.

O
rexedor asegura que “con esta nota de cor, a Corporación Municipal de
xeito unánime quixemos expresar o apoio expreso á loita contra a
desigualdade, ostracismo e incomprensión que levan padecido e aínda
padecen aquel@s por razón da súa orientación sexual”.

Suárez
Barcia engade: “sumámonos ás reivindicacións do movemento LGBT pola
superación das barreiras e desigualdades que sofren estas persoas. O
recente atentado de Orlando, a morte e o cárcere en moitos lugares do
mundo, a discriminación, a humillación e o insulto… É algo que non se
debe consentir”.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *