Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Os partidos tradicionais, facendo o tradicional


Adiviñas quen enviou propaganda electoral en papel…

O tradicional: os sobres incluíndo as papeletas de voto ‘boas’ mais o alegato correspondente. Campaña con menos cartos, si, pero non por convicción, senón porque non lograron conseguilos despois dos resultados do 26D…

Hai quen se pon ‘no noso lugar’, imaxina o cansanzo por ter votado unha vez hai seis meses e pide un novo esforzo para depoistar o voto na urna (o que envía, claro), e hai quen di que traballou por estar no goberno, e insinúa que se non está con todas as bondades que traía, non é culpa súa…

E se nos afixéramos a ir ás urnas tódolos días?


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *