Adeus. En realidade, foi o Reino Unido quen dixo adeus á Unión Europea. Mais agora correspóndenos a nós dicir un educado e respectuoso adeus a quen non quere estar connosco nas condicións actuais. E aprender.
Aaprender que se pode saír da Unión Europea. E que, polo tanto, a Unión Europea pode seguir adiante con menos membros. Aprender que o mesmo que hai cidadadáns de primeira, segunda e outras categorías, (si, estou falando de ‘democracia’) tamén hai estados de varias categorías. Aprender que unha comunidade faise, pero tamén se pode desfacer. Que o medo é perigoso, para quen o ten e para aquelo que o provoca. Que hai moitos cartos adicados a cousas como potenciar o medo a traverso de mentiras. Que en política úsase o medo como arma. E máis que constitúen un conxunto de estratexias de indefensión contra as que só cabe o propio empoderamento a traverso da acción meditada conxunta.
En tempos díxose que a principal cidade galega era Bos Aires. Agora teño as miñas dúbidas de que non haxa máis galegos en Londres que en Bos Aires. E é que mentras xa se teñen mirado as consecuencias económicas para Galicia ou España do Brexit, coido que as consecuencias principais van máis aló, por moito que esteñan relacionadas tamén coa economía. Ou é que non vai a ter a xente nova un pouquiño máis difícil o emigrar ó Reino Unido? E un pouco máis difícil tamén a supervivencia alí? Influirá para que tamén outros paíeses europeos endurezan as condicións para os migrantes internos da UE, incluídos os nosos? Coido que non se pode esquecer que somos o principal subministro de migrantes internos da UE nestes últimos anos.
Ou sexa, onte os cidadáns do Reino Unido votaron tamén un cambio de mentalidade para nós. Cousas do mundo interconectado…
Mapa ciclista de Londres, de http://mappinglondon.co.uk/2011/london-cycle-map-wins-funding/ |