Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Abrindo o coñecemento: contas de Ribadeo


Hai tempo recibo información sobre os movementos de OKFN.es, Un grupo activista con obxectivo de apertura do coñecemento, en particular a traverso da apertura, transparencia e liberdade de datos. É a traverso deste grupo que chego a unha iniciativa que ven de hai tempo pero que foi mellorando ata a actualidade, gobierto. Iniciativa que na actualidade está tentando facer transparentes o orzamentos municipais. Traduzo o parágrafo de presentación nunha das súas páxinas, que parece dirixido ós representantes no concello, pero vai dirixido a toda a poboación:

O orzamento é un dos temas que máis chama a atención dos cidadáns. Se publicas o teu proxecto de orzamentos nun PDF de deceas
ou centos de páxinas estás cumprindo coa Lei de Transparencia pero,
¿realmente iso te está a axudar a conectar cos teus veciños?

O desenvolvemento é amplo na actualidade, cun blog (última entrada: “Presupuesto vs. Ejecución: Análisis de la desviación de los presupuestos municipales y el gasto real” ou a oferta ós concellos para a instalación dunha ferramenta que visualice os datos do orzamento na web municipal, pasando pola oferta dunha guía, ‘conectando con tus vecinos‘, descargable de xeito libre, ou a comparación de orzamentos municipais entre varios concellos.

Un exemplo, cos orzamentos de Ribadeo 2015. Aí van varias capturas de pantalla, ampliables, e algún pequeno comentario. Para máis, mellor pasarse pola web e ‘xogar’ un pouco con ela.

Gasto por habitante comparado coa media dos concellos a nivel Lugo, Galicia e España, nos últimos anos:

Reparto o orzamento entre diferentes partidas contables, de xeito gráfico e en táboa:

Un apartado particular, xunto con posibilidade de participación (‘levanta a man’, ‘pide ó teu concello’):

Unha vista particular sobre o gasto en servizos públicos cos niveis provincial, galego e estatal:

Os gastos, en partidas ‘identificables’

 A comparación con outro concello; neste caso, elixín Ribadeo e Vilalba:

E unhas cantas cousas máis, que podemos contribuír a mellorar pedindo.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *