Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

ACISA ten oito asociados máis (máis ou menos)


Hai dous meses e medio, comentaba a convocatoria por parte de ACISA de subvencións a asociacións.

Hoxe a prensa especifica as subvencións:

– de 600 €:

Asociación Amigos de la Semana Santa

Cabalgata de reis

SD Ribadeo

Asociación deportiva veteranos Ribadeo FC

Ribadeo FC

– de 400 €

Ribadeo FS

– de 300 €

Heroican Race

Moto Club al corte

Total: 4 000 €, os presupostados.

Iso implica, pola segunda das bases do regulamento da subvención, que ditas entidades deben ser socias (estar asociadas previamente ou asociarse), co que ACISA ten oito socios máis (ou sexa, segundo a asociación, debera ter xa uns 160).

Como as cotas de ACISA parece que son a partir de 25 €/mes, a razón de 12 meses por ano, Heroican Race e Moto Club al corte quedarán ‘a pre’ se lles obrigan a facelo, co que o interese non debe ser económico, nin para a entidade concesionaria nin para as entidades agraciadas pola concesión.

A alternativa sería cumprir só de boquilla a propia convocatoria, e que polo tanto a subvención fora neta, non enchendo as cotas as arcas de ACISA, que se vería con propaganda e un maior número de socios nominais. Como o orzamento de ACISA só ven en 1/4 dos socios, aumentar un 5% os socios non é algo desprezable na ‘potencia de petición’ significaría, aínda que non se lles cobre, aumentar o presuposto un 15%! a conta de subvencións, claro), teriamos a ‘cuadratura do círculo’, apoiada polo punto oitavo da convocatoria da subvención, ‘obrigas das entidades beneficiarias’, que ó final especifica: “Una vez aprobada la solicitud se hará una fotografía con el presidente de A.C.I.S.A más la persona que represente a la asociación solicitante, además se solicita que entreguen una fotografía del evento.

Unha nota máis: as subvencións esperadas por oito novos socios, a tenor dos orzamentos presentados, serían 300 x 3 x 8 = 7200 €, que non aparecen nas contas anteriores e que poderían considerase como os ‘beneficios’ dunha ‘inversión’ de 1600 €.

Por certo, sei de algún socio que se deu de baixa. Visto o visto, contarán como baixas? E os que non pagan?


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *