Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Nota de prensa da AVV O Tesón


Nota
de prensa

20150608

Unha
illa símbolo do pobo

Dende a
directiva da AVV O Tesón vemos con preocupación unha
nova privatización do común. Parece que xa se ten esquecido non só
a existencia dos bens comúns, de todos e para todos, senón tamén
algún que outro episodio ilustrativo, como o establecemento que se
pode ver na zona das Catedrais. A illa Pancha, un ben común ademais
de estar en zona de especial protección de aves (ZEPA) e lugar de
interese comunitario (LIC), incluído na Rede Natura 2000, e de xeito
evidente, ‘ó pé do mar’, e polo tanto, tendo que ver a lei de
costas, vai ser cedido para a súa explotación particular.

Estamos
a falar dun lugar que está vedado na actualidade para paso de
ribadenses e turistas e que vai ser arrendado, co que se abrirá ó
paso dun xeito que non se abriu mentres foi público e exerceu como
tal. Fálase de beneficio económico sen contar que xa o está
producindo, aínda nas actuais condicións, como atractivo turístico.
Fálase do edificio do faro, pero cremos que non se pode separar da
explotación da illa enteira. Fálase de que todo seguiu os cauces
legais, e non dubidamos de que, de xeito inexplicable para nós, teña
informes positivos ata do concello ou medio ambiente. Fálase de que
xa ven de atrás, de hai un ano, e é certo, sabemos quen en agosto
do ano pasado atopábase na entrada do concello, no medio de
diferentes papeis (‘papelexada’) un escrito anunciando un prazo de
trinta días para o recurso; só que o escrito era de maio, que
saibamos non se lle deu outra publicidade e había que procurar a
documentación in situ en Ferrol. Nesas circunstancias, xa non
sabemos se se fala nin de transparencia nin de participación, cousas
que si se usaron na campaña electoral.

A
día de hoxe, unha vez instalada a polémica (e non só en Ribadeo),
seguimos sen saber como actuou o concello. Na liña doutros informes
que se descoñecen, preguntámonos que informe enviou, en que termos,
porque queremos saber.

Non
escoitamos nada sobre o faro na campaña electoral -pode que se nos
pasara por alto-, por iso tamén pedimos de xeito público ós
representantes no concello unha definición e unha explicación.

Remata
de coñecerse que outro faro, o de San Antoni, en Alicante, foi
indultado do decreto que implica ó faro e illa Pancha. Naquel caso,
a protesta comezouse moito antes, é certo, e tamén o é que o faro
tiña da súa parte ó concello, que rexeitou de xeito unánime o
convertilo en hotel. Con ese apoio, non só se ía a realizar unha
manifestación para o día seguinte do indulto, senón que está
planificado aproveitalo para actividades para todos. Por certo, no
caso alicantino íase pagar o triplo que no caso da illa Pancha polo
aluguer: alí, 2500 €/mes. Aquí, polo que parece, non se pensou en
facer nada máis que dalo en aluguer canto antes. 

Dous faros, unha ría

 —

Nota: polo que parece, o aluguer é de 15 600 e/ano. 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *