Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Un comentario sinxelo


Collo uns poucos datos estatísticos (o IGE ten a disposición máis do mesmo tipo) para facer unha gráfica:

Que nos di? Pois que dende hai tempo a idade media dos ribadenses sube e sube, a razón (esta última tempada de anos) de case un mes por cada ano que pasa.

Estiven para dicir ó comezo: teño pouco tempo… cousa que é certa, pero non o puxen, porque somos todos, como Ribadeo, como Galicia, os que estamos sen tempo para establecer unha política demográfica axeitada. Todos, non quen ostente o poder lexislativo nun determinado momento. Todos, opinemos que a Terra está superpoboada ou non, necesitamos decatarnos (e actuar en consecuencia) de que catro fillos por familia implica un medrar a poboación que non se pode manter, pero ter de media un fillo por cada dous pais implica un neto por cada catro avós, unha situación que non se pode manter en termos de dependencia.

Cabería esperar un atisbo de esperanza: entre os anos 2005-2007 baixou a idade media. Foron anos de burbulla nos que se estableceron emigrantes cunha idade media menor que a da xente que aquí estabamos de antes. Estoupou a burbulla e a tendencia continuou. Non é o único condicionante, e ademais está relacionado con outras condicións como a crise, por suposto, pero sen xuventude non hai futuro.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *