Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Lista de candidatos ás primarias de Ribadeo en Común


Copio e pego do blog de Ribadeo en Común, (sen outro comentario ao menos ata que teña tempo de facelo en condicións)

Estamos xa a celebrar as nosas primarias, dende o mércores 8 ao domingo
12 de abril, as primeiras en Ribadeo nas que a veciñanza elixirá ás
persoas candidatas e a súa orde da lista.





O censo de votantes, por resolución da Comisión Electoral de ReC na súa
primeira xuntanza, inclúe ás 200 persoas que encheran os nosos pre-avais
(os cupóns dos trípticos) até ese momento.





A convocatoria dunhas primarias abertas é un proceso novidoso para
todos, e a inexperiencia pode dar lugar a moitos erros. Algúns deles
poden ser rectificados sobre a marcha, outros quedan como leccións para
vindeiras ocasións. Por todos eles pedímosvos comprensión e confianza na
nosa boa vontade, e axuda para amañalos e prevelos de cara ao futuro. 





Nesta entrada incluímos os nomes das persoas que decidiron presentar a
súa candidatura para formar parte da lista de Ribadeo en Común. Algunhas
delas achegáronos textos coa súa motivación e perfil, outros non. Esta
información poderá actualizarse con novas achegas das persoas
candidatas.





A lista está ordenada alfabeticamente.







Lidia Ares Taboada





Motivación:



Por colaborar cun grupo de cidadáns
que quere traballar en liberdade e polo ben común, e unirme e apoiar
unha nova cidadanía, que de maneira silenciosa está a medrar en
todos os lados, e que é máis libre, máis consciente, máis humana,
máis transparente, e co afán de traballar en liberdade para o ben
común.




Perfil:


Estudos FP2 e
traballadora autónoma. Gústame a vida sinxela e humilde e valoro o
tempo libre.







Mª del Rocío Botana García





Motivación:



Por reforzar a candidatura de ReC. Polo
que no caso de ser elixida primeira da lista, seguramente renunciaría
á responsabilidade da alcaldía.






Nines Domínguez Barroso





Motivación:



Cheguei a Ribadeo por primeira vez hai
25 anos e dende entón volvín sempre que tiven vacacións ata xullo
de 2007, cando decidimos a miña familia e mais eu trasladarnos aquí
definitivamente. Considero Ribadeo un lugar privilexiado para vivir,
tranquilo pero á vez dinámico e cun magnífico territorio que
conservar e cheo de posibilidades. Nembargantes creo que hai moitas
cousas que se poden facer para mellorar a vida dos seus cidadáns e
que o plan estratéxico do que Ribadeo queira ser no futuro aínda
está por definir, e estou convencida que son precisamente os
cidadáns de Ribadeo, os que deben definir ese plan. Por iso, creo
firmemente nunha candidatura cidadá sen mochilas e que só teña que
render contas ante os cidadáns de Ribadeo.





Perfil:



Nada en Madrid e casada cun ribadense,
estudei Ciencias Xeolóxicas e exercín de xeóloga ata xullo de 2013
en varias empresas privadas, e os últimos 13 anos nun Instituto de
Investigación. Dende 2010 dirixo unha casa de turismo rural en
Lourenzá.



María Novo Fernández





Motivación:



Presento a miña candidatura a R.E.C.
porque considero importante contar cunha lista paritaria e convencida
de que debemos, e temos a oportunidade de mudar unha democracia
representativa a unha democracia participativa, na que todos os
veciños/as sexamos partícipes do deseño das políticas locais e no
control destas, dando prioridade ao ben común sobre intereses
privados ou partidistas. Todos/as temos dereito a decidir e opinar
sobre as cousas da nosa vila.




María José
Garcia Burgo




Motivación:


Presento esta
candidatura exclusivamente para reforzar la candidatura de Ribadeo en
Común.







Julio César González García





Motivación:



Aposto por un modelo participativo
pleno.






Evaristo Lombardero Rico





Motivación:



1.- Entendo que as políticas de
recortes, desinvestimento e retroceso no estado social están a
provocar graves sofrimentos a amplos sectores sociais, xunto ca maior
marxinación das nacions sen estado propio, como é o caso do nodo
país. A resposta debe ser xeral pero debe empezar polos concellos.



2.- Entendo que no concello de Ribadeo
danse graves carencias de información, participación e
transparencia e o proxecto de “Ribadeo en Común” pode xogar un
papel importante para virar esta tendencia no futuro.



3.- Entendo que o colectivo humán de
“Ribadeo en Común” e o seu programa recolle as ideas básicas e
as prácticas democráticas necesarias para traballar por unha
sociedade mais xusta, mais libre e mais moderna.





Perfil:



Data de Nacemento: 17/11/1946



Profesión: Médico xubilado.



Historial de actividades
político-sociais:



Militante da Unión do Pobo Galego
(1969-1972)



Militante do Movimiento Comunista de
Asturias (1974-1980)



Candidato ao Parlamento Español na
Coalición Unidad Regionalista de Asturias (1977).



Candidato ao Senado (eleccions
parciais, 1979) polo Movimiento Comunista de Asturias.



Concelleiro en Salas (Asturias) pola
agrupación de electores “Por un Concejo Democrático”
(1979-1981).



Candidato independente na lista do BNG
en Ribadeo, nas eleccions municipais de 1983.



Director Regional de Salud Pública no
goberno asturiano do PSOE (1986-88)(independente).



Colectivo ESPREITA (Ribadeo) 1988-92



Cofundador e presidente da Plataforma
pola Defensa da Ria de Ribadeo (1992-¿?).



Cooperante de Espazo Ecosocialista
Galego (2013-2015)



Cooperante de Ribadeo en Común
(2014-2015)




María Victoria López Louro





Motivación:



Pola responsabilidade co compromiso
feito de colaborar para que esta plataforma participativa poda
aventurarse nestes novos ventos do pobo. Carpe diem.



Mª José López Martínez





Motivación:



Porque creo en este proyecto de
participación ciudadana.






Mar Orosa Pérez




Motivación:


Gustaríame que a
xente tivera un xeito real de participar nas cousas máis e menos
importantes e de poder expresar opinións alí donde deben ser
escoitadas.






Mario Penelo Riva





Motivación:



No Concello séntanse representantes cidadáns
que hoxe en día deciden polo resto de nós.
Chegou o momento de
mudar, o sistema de delegación fai que durante catro anos non
señamos debidamente informados, escoitados e menos feitos partícipes
das decisións que nos afectan.
Aínda que non cabemos os mais de
10.000 ribadenses nas 17 cadeiras do Concello, si hai sistemas de
xestión municipal que fan que as voces de tod@s señan debidamente
escoitadas, e que se garanta a nosa participación en igualdade de
representación nas decisións que directamente nos afectan.
Non é
un antídoto, mais esta xestión baseada na transparencia e a
participación dificulta a corrupción, desfai as redes clientelares,
aumenta a eficacia da xestión do ben común, e favorece que Ribadeo
desenvolva unha visión de onde quere estar no longo prazo.
Eu
quero un Ribadeo onde todos/as señamos concelleira/os; un Ribadeo
organizado para unha xestión colectiva de nós para nós.





Perfil:



Profesional – Empresario del sector de las
tecnologías (sector industrial)
Social – Responsable del área de
comunicación de Amnistía Internacional de Castilla y León, y
miembro del equipo de Relaciones Institucionales



Héctor Peña
Díaz




Motivación:


Por unha política
divertida, imaxinativa e participativa, que sexa gratificante para
todos e cada un dos cidadáns de Ribadeo.






David Regueiro Rama





Motivación:



Por apoyar unha idea que me gusta






Eva Paula Roca Posada








Iván Rodríguez Lombardero





Motivación:



Penso que podo achegar novos folgos e
ideas, e é tempo de xuntar forzas, falar, debater e mudar o que non
vai ben. Os veciños somos maiores de idade para coñecer e decidir
sobre o que é noso. En definitiva, hai moito que facer, e todos
debemos achegar o noso esforzo.





Perfil:



Nado en Ribadeo, casado e pai dunha
filla de 20 anos, son xeólogo e doutor pola escola de enxeñeiros de
montes. Fun técnico de medio ambiente por dous anos no Concello de
Ribadeo, consultor ambiental, profesor universitario e instalador de
enerxía solar. Participei na Asemblea do 15M de Ribadeo e son
voluntario do Proxecto Ríos de Adega.



Carlos Daniel Scavuzzo Mejías





Motivación:



Mi compromiso con los vecinos de
Ribadeo y con los miembros de ReC es trabajar con honestidad y
transparencia.






Víctor Villar Caamaño





Motivación:



Para axudar a conformar unha lista que
será decidida pola propia veciñanza por vez primeira na historia de
Ribadeo. Esa é a miña motivación: que esta lista feita por veciños
e decidida por veciños saia adiante.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *