Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

O mundo dos pícaros en Ribadeo: esta fin de semana


Dúas novas para os pícaros como actividades de fin de semana.

Unha. Sábado.

Mañá sábado, 14 de marzo, temos previsto facer unha actividade didáctica nas terras de Campoxurado (Vilaselán), pensada “por” e “para” os nenos…os que somos, e os que son!!

Consiste nunha repoboación de arbores froiteiras, concretamente, de distintas especies de mazairas e pereiras propias da zona, que desde “o formigueiro” estamos intentando recuperar.

“O formigueiro” é o nome dun colectivo de persoas que traballan entorno a unha idea de cooperación social e de promoción da agro-ecoloxía.

Dentro deste colectivo, serán os membros do “grupo terra” quen, ademais de guiarnos na actividade, afondarán na importancia de mellorar o noso entorno recuperando especies como estas.

Estades convidados, logo, maiores e pequenos, a pasar unha mañá dun xeito diferente…se o tempo nolo permite 😉 

O cartel:

 E unha vista aérea para chegar ó Formigueiro, Campoxurado, Vilaselán, Ribadeo, Galicia, Mundo…

Dúas. Domingo

Que é unha asemblea? … tes dereito a participar!

. que che gusta de Ribadeo?

. que non che gusta de Ribadeo?

. que che gustaría que tivese Ribadeo para os nenos e non ten?

Tres preguntas, tres papeis. E +!

Quen veña contigo tamén terá espazo para participar.

Saudiños! 

O cartel:


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *