Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Aló, Galicia! Xa chegou a sensatez?


Nesta terra de minifundio, os partido dos terratenentes soubo sacar partido da división terrena e partidista dos minifundistas. Quizais o anterior sexa un xeito de resumir o que leva pasado xa tempo abondo en Galicia en relación ós partidos políticos. Algo que se intentou que non pasara e se segue a intentar, diría que cada vez con maior posibilidade. Un artigo en El Diario deume que pensar ó respecto. Polo momento, o que pasa noutros lugares, como o que está a suceder en Ribadeo coa Plataforma que se está a montar,  é un embrión. Pero un embrión sá que quere deixar a unha beira as divisións, non pola cooperación entre grupos, senón por cooperación entre persoas conscientes de que os grupos conducen ó minifundio partidista, mentres esas agrupacións máis ambiguas que son as plataformas ou as ‘mareas’ poden dar lugar a unha participación cidadá que se non é a panacea asegura unha relación de integración dos veciños nun proceso de goberno de si.

Así que, Galicia, estás aí? Chegou xa a sensatez? É abondo posible que aínda non sexa desta en boa parte dos lugares, pero que vaia comezando…


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *