Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Non se pode ser os mellores en todo…


Antonte mesmo un par de novas facían brotar outro par de notas do concello: a hostalería ribadense estaría nunha web clasificada como o segundo destino de calidade a pé de praia en España, e ademais, o incremento de reservas hostaleiras implicaría que este ano farase o agosto. Prácticamente ó tempo, dúas novas recibían moita menor repercusión: unha delas, a aparición de peixes mortos, que me atopo no facebook cargados por un coñecido que vive ó pé do río Grande. A outra, o alonxamento de atención e servizos de Viaqua a outros lugares, que se está comezando a comentar e que se nota como outro movemento de saída de Ribadeo dun servizo, a pesares de que debe estar protexido por contrato (Por certo, non era Viaqua/Aquagest a involucrada no pago de viaxes a Barcelona para ver o fútbol polas datas de adxudicación das obras da travesía?).

E é que non se pode ser os mellores en todo, dirase. E, se non se pode ser os mellores en todo, ó mellor hai que elixir… Non creo que se teña que elixir entre as opcións destacadas, pero si que hai que actuar nelas.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *