Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ribadeo a Debate. Visións de Ribadeo


1.Hoxe hai un debate entre políticos. Na Casa das Letras, ás 20:30

Participarán:

* Jesús López Penabad, é enxeñeiro técnico forestal. Actualmente é presidente do PP de Ribadeo e coordinador sectorial de turismo na executiva provincial do PP de Lugo.

* José Ramón Val (PSOE), licenciado en Ciencias Políticas pola USC, foi delegado provincial de Pesca na Xunta de Galicia. Foi tamén deputado na corporación provincial de Lugo, onde dirixiu a área de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación. Na actualidade desempeña o cargo de voceiro do grupo municipal socialista no concello de Foz e tamén é deputado no Pazo do Hórreo, onde é voceiro de Pesca.

* Olalla Rodil Fernández (BNG): licenciada en Publicidade pola UVI. Xornalista e especialista en estudos internacionais. Redactora do xornal Sermos Galiza.

* Paulo Carlos López (CxG), licenciado en Xornalismo e en Ciencias Políticas e da Administración pola USC. É membro do grupo de investigación CIDECOM da USC sobre cidadanía e comunicación.
Colabora co Grupo El Correo Gallego e coa revista Tempos Novos.

… por un un inconvinte de última hora, non estará o participante de AGE.

2.O Tesón liberou onte unha nota de prensa para dar a nova do ciclo ‘Ribadeo a Debate. Visións de Ribadeo’, comezando o próximo sábado 10, con participantes de primeira fila e pretendendo discutir sobre o Ribadeo que vemos e que queremos:

AVV
O Tesón

Nota
de prensa 20140429

Ciclo
de charlas de primavera Ribadeo a Debate. Visións de Ribadeo.

Unha vez máis, a AVV O Tesón presenta un ciclo de
charlas para provocar o debate sobre Ribadeo. Neste caso, para
desenvolver no mes de maio,o ciclo leva como título xenérico
“Ribadeo a debate. Visións de Ribadeo”. Con el preténdese que
catro ribadenses con ampla visión sobre o noso entorno, tanto da
vila de Ribadeo como do entorno ría ou do conxunto da comarca, podan
falar libremente dando a súa visión e propiciando un debate en
torno ós seus puntos de vista.

En tódolos casos trátase de persoas que dalgún xeito
son consideradas en Ribadeo como un referente, ben polos seus
escritos, a súa vivencia ou por ambos, e que comparten unha
querencia forte por Ribadeo, cada un ó seu estilo.

As charlas constarán dunha primeira parte, expositiva a
cargo do conferenciante, e unha segunda, na que se tratará o debate
sobre as ideas e feitos expostos relacionados co noso pobo.
Desenvolveránse no Salón de actos da Casa do Mar, comezando ás
20:00 horas. A entrada será libre e gratuita ata esgotar
localidades.

Como resume do ciclo, Podemos tomar:

-10 maio, sábado, Xosé Carlos Rodríguez Rañón:
Ribadeo visto desde fóra por un de dentro.

-16 maio, venres, Chemi Lombardero Rico: Ribadeo; un
porto, un hinterland, dúas comunidades.

-23 maio, venres, Víctor Moro Rodríguez: Ribadeo

-30 maio, venres, José Ramón Rodríguez-Sabugo
Fernández: La evolución de Ribadeo desde mi llegada

Previamente a cada unha das charlas darase información
máis concreta relacionada con ela.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *