Por unha casualidade, vou poder corrixir a posición que asignei como posible á finca alugada á Cooperativa os Irmandiños polo concello de Ribadeo para a plantación de froitos silvestres, auspiciada pola Asociación ‘Puente de los Santos’. Coido que queda claro na foto, atravesada pola N634: na parte superior, a rotonda que liga a N634 coa A8 á altura da praia das Catedrais. Na esquerda, a liña de separación do concello de Ribadeo e o de Barreiros. Vese tamén o complexo dos Irmandiños no centro-dereita, e o ‘Campamento da Devesa’ no superior esquerda. A finca está sinalada en negro.
Ben, ata aí a posición. A lembrar que xa non hai cartos. A lembrar o dito na última asamblea: íase plantar. Ben, embaixo está o cartel da ‘plantación’: parece que non arándanos, senón framboesas, amoras e grosellas.
E embaixo, o estado actual da ‘plantación’ ribadense. Vese que se construiu o cercado ‘ex novo’. Non sae na foto, pero tamén se levou alí a electricidade dende a estrada pola linde do camiño que sae case fronte á entrada do campamento de A Devesa. Os contedores (son 2) están vacíos, e vese o que debera valer para obrar, pero sen obrar (algo si, a ver xusto o bloque a pé de foto nou o valado)
E tamén se ve o medradas que están as plantacións. Embaixo. Vai que si?
Claro que tamén queda por aproveitar as lindes, abondo amplas no fondo, que se ve menos, lugar tamén elixido para amontoar as pedras de limpeza do campo, que iso si, quedou limpo polo momento como se pode ver na foto anterior.
A lembrar asemade os problemas na plantación asturiana…
Por certo, de canto era a inversión? (mirar ligazóns):