Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Estratexias. Inimigo: os cortes de luz


Luns ás oito hai convocada unha protesta contra os cortes de luz en Ribadeo. Será no mercado, e está chamado todo o mundo, a iniciativa de ACISA.

Estimo que a iniciativa é boa, pero non sei nin a xente que haberá nin os efectos que terá. De cortes de luz, en Ribadeo, sabemos abondo. De microcortes a macrocortes. A calquera hora, día e noite. Sufrimos dende hai moito. Estropean o traballo que temos entre mans, esnaquizan aparellos, interrompen a actividade…

Do que non sabemos, nin aquí nin noutros lugares, é de protestas. Usamos das concentracións ou das manifestacións para visualizar a protesta ante poderes que se van facendo máis cegos e mudos. A eficiencia está baixando ante os poderes políticos, ó fin dependentes de quenes protestan e ante os que aínda manteñen un certo medo pola posibilidade de variar o voto. fronte a compañías en situación de cuasi monopolio, que veñen abusando de suba tras suba de tarifa, que controlan o poder político que fai as normas á súa medida, coido que a única influenza é económica. Fálase de protestar nun marco no que están afeitas a que a normativa a medida lles de a razón, pero non de deixar de usar os seus servizos e impactar a súa base económica… Que teñen mala prensa? E que, se os usuarios están cautivos? Que teñen razón? E que, se non teñen normas que os favorezan e permiten actuar ás que hai? Que queren que a empresa sufra para que saiba que os está perxudicando? E que, se non dan artellado unha estratexia que o consiga?

As perspectivas de resposta cidadá, na actualidade, son tales que posiblemente a resposta da empresa non vaia máis aló dun ‘atenderemos, veremos que pasa e diremos.  Comportámonos con respecto á normativa, pero se podemos mellorar, melloramos’. e a continuación, o arquivo do caso.

O luns protesta. Pero tendo claro que se non se está disposto a ir máis aló dalgún xeito, o rendemento será nulo. E iso hai que facerllo comprender á empresa e a quen proteste. Ou viceversa, primeiro a quen proteste para que a empresa o comprenda.

Engadido posterior:

–>

AVV
O Tesón

Nota
de prensa

Comunicado
de solidariedade con ACISA na protesta contra os cortes de luz

Ribadeo,
20131023

A AVV O Tesón manifesta a solidaridade coa protesta organizada por
ACISA ante os contínuos cortes de luz en Ribadeo. A asociación
propón ós seus asociados unirse ó próximo luns 28 de outubro ás
oito da noite na praza do mercado para que todo Ribadeo chame a
atención de xeito solidario contra os cortes de luz e o sistema que
os permite de xeito impune ó tempo que facilita a suba do recibo de
electricidade e ningunea ós usuarios.

Creemos que a unión nunha protesta así é fundamental para que nos
faigan caso e conseguir o objectivo dun servizo de calidade, como
Ribadeo merece.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *