Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Concordo cos destacados por ACISA en 2012 en Ribadeo


Os medios difundiron a nota de prensa de ACISA (a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Ribadeo) na que da conta da asamblea e cea social que terán o 18, así como da decisión de facer dous nomeamentos. Un, o de ‘Ribadense do ano’, concédese a título póstumo a Gilberto Suárez, e o outro, o de asociado do ano, a Gráficas Ribadeo.

Non pensei no tema, máis en retrospetiva, parécenme totalmente adecuados, de non ter sido destacados con anterioridade. Gilberto, como xa deixei escrito noutro lugar, con ou sen título, era un ribadense consciente de selo, e como tal traba de actuar en ben da comunidade. En relación a Paco Iriarte, o patrón de Gráficas Ribadeo, levo tratando con el e coa súa empresa tempo abondo para ter unha idea de como funciona e de sentir aprezo por el e a súa labor.

Coido que a idea de ACISA, que o ano pasado fixo o primeiro destaque de ambos títulos, é boa. O que non me impide lamentar que o título de ‘ribadense do ano’ non sexa feito a partir dun consenso social máis amplo que ACISA, quizáis liderado por unha institución como o concello.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *