Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.492 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

O IES de Ribadeo, a base de voluntarismo


Coido que é a lectura que se debera dar ás queixas de CIG Ensino nos medios, nun tempo de recortes á educación e ós educadores: estamos a traballar nun lugar cunha obra que non está entregada e que polo tanto está cando menos nun limbo legal, como deixamos patente no último claustro e indica unha nota enviada polo conxunto de profesores á administración educativa a raíz dun acordo tomado nese último claustro. Lembro que o IES de Ribadeo naceu este verán e non antes, e que aínda está a poñer en marcha os seus órganos de decisión. Na realidade, está a nacer aínda, que poñer en marcha un novo centro, e máis coa falta de previsión administrativa amosada, non é baladí.

Abaixo deixo testemuña dunha consecuencia intrascendente da situación: luces con sensores que as acenden automáticamente en pleno día en zonas con amplos ventanais, ou aínda algunha que está permanentemente acesa e pola non entrega, resulta complicado corrixir. A foto está tomada esta ponte pasada, en día non laborable.

Por certo, é un recorte doutra na que se ve un cartel eleitoral á esquerda (deixei de xeito intencionado a beira), correspondente ás últimas municipais, que queda para outro día.

Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *