Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Rajoy ‘El bueno’ ou un resume das novas


Tómeno a coña. Ou non. Collo un titular: 468 indultos en 11 meses. Preto de 3 indultos cada 2 días. O mesmo poder que tiñan os reis hai tempo, saltndose por riba do dereito. E o caso é que que como prerogativa do Presidente do goberno, non foi o único que o usou, se ben ten un rexurdimento con el. A moraleja: se amigo do Presi e terás premio cando faga falta. Ou cando queiras. Quizáis, nin faga falta ser amigo do Presi, senón amigo de amigo, ou neste caso cometer un delito que sexa semellante a algún ‘non delito’ polo momento, ou … propiedade divina ista do indulto (non confundir con perdón)

Mentras, as pensións non se revalorizarán como a inflacción. Unha mentira máis previa ás eleccións. Cun engadido: a medida é ‘absolutamente transitoria’. Como todo na vida. Ou, visto doutro xeito, cando vexan (por exemplo, antes dunhas eleccións, se cadra), voltarán a subilas.

Enterámonos tamén que boa parte do rescate bancario se convertirá en perdas. Era un ‘préstamo’, e polo tanto, ‘a devolver con intereses’. Antes, non agora.

Os fichaxes entre sanidade pública e privada potencian a privatización. Non creo que sexa novidade: se hai negocio, e os que tratan por parte da administración son os mesmos que os que tratan pola parte privada, os intereses son coincidentes, non?

Un anuncio: ‘Imagina el plan perfecto’. Que anuncia? Bankia, claro! Eles saben facer o plan perfecto, de comezo a fin, dende o aglutinar caixas ata ser sistémica, pasando por ser un furado negro de cartos ata a desaparción de responsabilidades. ‘Definitivamente, existen los planes perfectos’, eu tamén estou de acordo.

Máis, hoxe mesmo, supoño.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *