Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ó día


Luns, pleno no concello ás 20 horas. Temas a tratar? Sábese de que non vai haber aumento de impostos, que interesou publicitar. Pero non máis.

Apertura, claridade, información, contacto, … Cando se pediu un regulamento de participación cidadá (sen contestación polo concello), se propuxo (sen atención), se propuxeron cambios ó proposto polo concello (sen consideración), foi aprobado previo e disecado en varias publicacións por min mesmo, presentáronse alegacións (… e ata agora) … por algo foi.

Así pois, estamos ó día. A día de que, iso non se sabe: o de goberno aberto chega aquí de xeito demasiado intermitente.

Unha nota: onde a participación na páxina do concello?


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *