Misturando os datos destas eleccións cos collidos en http://www.ige.eu/igebdt/esq.jsp?paxina=002001&c=-1&ruta=verEjes.jsp?COD=33&M=&S=&RET= de eleccións pasadas, chegamos a cousas semellantes as seguintes, que complementan a entrada de onte, ‘Tres gráficos para Ribadeo nas autonómicas‘ (na que por certo, variei o segundo gráfico para facelo máis comprensible):
A primeira das ilustracións de hoxe aporta unha historia gráfica das autonómicas en Ribadeo dende o 1993 ata hoxe (93/97/01/05/09/12), onde se ve que porcentaxe de votos brancos e nulos (azul obscuro) non deixa de medrar, pero fíxoo lentamente ata o 2009. En canto á abstención, cun pequeno altibaixo ó comezo, mantívose con moi pouca variación ata estas, nas que pegou un bote notable. O PP, excepto no 95, vai indefectiblemente perdendo porcentaxe de voto, pero é desprezable ata o 2012, e aínda nestas, a perda é moito menor que a que sofren PSOE e BNG (partido que, se agregamos AGE, gana votos e no perde). O PSOE está desinflado, dendo o máximo de 2005. O BNG, menos, co máximo no 2009. Os votos ós outros partidos tamén sufriron unha baixada, se retiramos a AGE, e aínda así, manteñen o tipo despois de medraren no 2009.
A segunda ilustración representa o mesmo doutro xeito, máis ‘histórico’ e menos relativo en relación ó total, pois presenta os números absolutos de votantes de cada elección, o que enmascara un pouco a porcentaxe o ir medrando o total (excepto nestas últimas).
Nota: táboas correspondentes en Táboa de datos das eleccións autonómicas en Ribadeo dende o 1993