Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Xa teño os resultados


Voltarei a poñer gráficas e demáis, pero agora mesmo, non. Chega coa impresión. Mentras, que forza que tivera votos as pasadas eleccións, coas mesmas siglas, tivo o maior incremento na súa porcentaxe de votos en Ribadeo?

Resposta: a Falange. Son poucos, pero a resposta é isa: de 1 a 10.

E, a nivel Galicia, unha pequena cousa, a falta de contabilizar o 100% dos votos: Se BNG e AGE se tiveran presentado en coalición, e e sumaran os seus votos, o PP non tería maioría absoluta. Sube a abstención, multiplícanse os brancos e nulos … baixa o PP en votos, sube en escanos.

Nota posterior: contabilizados o 100%, aínda que AGE e BNG sumaran os seus votos, sería maioría absoluta igual, pois o PP sacou máis votos que PSOE+AGE+BNG


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *