Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Creando opinión


Esta semana comezou o barómetro electoral da Voz. A día de hoxe, o que presenta é isto.

Nin na web nin en papel vin os datos correspondentes para analizar a validez ou significatividade da enquisa. Certo que a empresa recibiu hai non moito unha xugosa subvención por propaganda, pero aínda así dubido que día a día sexa quen (e considere rendible) pagar unha enquisa con unha significación abonda. Non a nivel Galicia como un todo e menos a nivel provincial, para facer o estudo circunscrición a circunscrición, necesario para prever o número de escanos.

Aparece na gráfica da enquisa o número de escanos dende o 7 de outubro. A día de hoxe, queda (o gráfico é meu, pero cos datos da Voz):

Púxenlle o título de ‘intención de escanos’ e non de ‘intención de voto’ porque entendo que tal como se presenta no xornal, máis ben se trata do primeiro que do segundo, comezando porque non se di a cantidade de enquisados que opina dun ou outro xeito, senón o número de escanos. Chaman a atención as variacións que sofre algunha candidatura, en particular AG, en menos dunha semana, con altibaixos.

Coido que máis que facer prognóstico o que se tenta facer é tendencia.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *