Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Debuxando coa choiva


Onte choveu. Abondo, ó solpor. Goyi Gómez tomou unhas fotos e pasoumas.

As primeiras dan fe dunha luz especial, bonita, na zona da illa Pancha, nun momento de choiva máis lixeira. Pero as segundas són máis chamativas.

A posta de Sol estaba naturalmente cara ó oeste:

Vemos abaixo a ponte dos Santos  nun momento de choiva forte sen vento. A zona protexida está debuxada, cun sombreado brilante da superficie da auga ó non ser golpeada polas gotas, e limitada pola caída dos desaugës da ponte. O arrastre da marea leva a un debuxado na superficie da auga cara ó sur, consecuencia do arrastre da marea.

Nesta vése aínda máis claro o sombreado, se ben ó aumentar a choiva o debuxo na superficie da auga cara ó sur (a dereita da foto) desapereceu. A cambio, reslta máis a barquiña que se protexeu da choiva baixo da ponte, outra curiosidade. O vento tiña unha compoñente surleste, como pode verse pola maior ‘sombra’ cara ó sur, e o efecto de pantalla da columna que fai que a barca sinale un punto de menos vento nesa dirección (máis pegado á vertical da ponte), e igualmente xusto en dirección contraria, aumenta a sombra polo freado do vento.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *